O Concello de Culleredo lanza un programa de formación para que os mozos e mozas do municipio podan obter o carné de conducción BTP. É a titulación que posibilita para conducir vehículos de tipo B para taxis, transporte escolar e todo tipo de prioritarios (bombeiros, Protección Civil, Policía, ambulancias).
O curso está orientado para veciños ata 35 anos de idade. Deben posuír o carné de conducir con polo menos un ano de antigüidade.
A formación desenvolverase o 15 de novembro. Ten carácter gratuíto, sen incluír as taxas do exame.
O prazo de inscrición comprende entre o 3 e o 7 de novembro. Os interesados deben dirixirse ao centro municipal de Formación "Pablo Picasso" en horario de mañá ou tarde.
Máis información no teléfono 981 664 204 ou en cipax@culleredo.org.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
diptico_carnet_btp.pdf | 1.18 MB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER