Desde o 15 de xaneiro, as Administracións Públicas e os provedores teñen que tramitar as facturas por vía electrónica. Tan só poderán quedar excluídas da obrigatoriedade as facturas con importe inferior a 5.000 euros e as destinadas a servizos no exterior.
A Lei 25/2013 dispón que todas as Administracións Públicas, estatal, autonómica e local deben dispor dun punto xeral de entrada de facturas electrónicas a través do cal se recibirán todas as facturas electrónicas. O noso Concello adheriuse ao Punto de Entrada de Facturas electrónicas (FACe) da Administración Xeral do Estado. Por tanto, os nosos provedores deben indicar dentro da factura que se remite a que organismo debe ir dirixida a factura, sinalando oficina contable, órgano xestor e unidade tramitadora. Estes datos poderá consultalos no contrato asinado co Concello ou lle serán facilitados polas unidades xestoras dos gastos. Neste momento, son:
LA0001894 - ALCALDÍA
LA0005090 - ARQUITECTURA Y URBANISMO
LA0005075 - ASESORÍA JURÍDICA
LA0005079 - BIENESTAR SOCIAL
LA0005078 - CONSERVATORIO DE MÚSICA
LA0005085 - CULTURA
LA0005088 - DEPORTES
LA0005081 - DINAMIZACION LOCAL
LA0005076 - ECONOMÍA Y HACIENDA
LA0005086 - EDUCACION
LA0005092 - FORMACIÓN Y EMPLEO
LA0005077 - INFORMATICA
LA0001896 - INTERVENCIÓN - TESORERÍA
LA0005093 - JUVENTUD
LA0005091 - MEDIO, SERVICIOS Y OBRAS PÚBLICAS
LA0005089 - PARTICIPACION CIUDADANA
LA0005082 - PERSONAL Y ORGANIZACION
LA0005083 - POLICIA LOCAL
LA0005084 - PROTECCION CIVIL
LA0005087 - RADIO CULLEREDO
LA0005074 - SECRETARÍA GENERAL
A url do portal de provedores para a presentación de facturas é: https://face.gob.es, no que tamén se pode consultar o DIRECTORIO DE UNIDADES.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER