O Concello de Culleredo incrementa o seu mapa de infraestruturas deportivas de uso público. O goberno local acaba de concluír a construción dunha nova pista polideportiva na parroquia de Orro, unha das que maior crecemento poboacional experimentou nos últimos anos debido á apertura das urbanizacións Vallesur e Os Olivos.
E precisamente os residentes nestas casas serán os principais beneficiados da actuación municipal. A pista deportiva sitúase na zona reservada para equipamentos en Vallesur.
O firme conta co pintado para o xogo do fútbol, baloncesto e balonmán. En canto a equipamentos, dispón de portarías e canastras. A pista está delimitada por un peche de 552 metros cadrados de arame ondulado. Conta con dúas portas de acceso.
O Concello investiu na obra nun montante de 61.721,14 euros. O goberno local incluíuna no Plan de Obras e Servizos que cofinancia a Deputación da Coruña.
Coa actuación, o equipo de goberno quere dar resposta a unha das peticións dos veciños da zona para que conten cun espazo de esparexemento, formado pola pista, o parque infantil e a zona verde, especialmente ideado para os máis pequenos e para a práctica deportiva. Tamén servirá como punto de encontro para os veciños.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER