Culleredo conforma a brigada social con 10 persoas contratadas durante 9 meses

O Concello de Culleredo amosa o seu apoio á veciñanza que se atopa en situación de risco social. O goberno local efectuou a contratación de 10 persoas para conformar unha brigada de medio ambiente e obras.

Esta semana conformouse a brigada, baixo a denominación de Culleredo Social, que terá unha duración de nove meses. A contratación será de 28 horas á semana, o que propiciou que o número de beneficiarios fose maior.

O obxectivo dos traballos da brigada será realizar tarefas de conservación en espazos naturais e promover melloras en zonas públicas do municipio. Desta forma, explica o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, con esta iniciativa conséguese á vez “apoiar a veciños con dificultades de acceso ao mercado laboral” e “impulsar actuacións de interese xeral para Culleredo”.

Coa súa incorporación, o Concello imparte unha formación aos participantes en materia de prevención de riscos laborais. Entrégalles ademais os EPI e demais material necesario para o desenvolvemento do programa.

Entre as tarefas que realizará a brigada atópanse a reparación de mobiliario urbano, a limpeza de camiños e beirarrúas, a conservación de espazos públicos, ou o lixado e pintado de valos, entre outras.

Con este proxecto de inserción laboral, o Concello quere mellorar a empregabilidade dos participantes a través da adquisición da práctica e experiencia  profesional necesarias para facilitar a súa incorporación ao traballo. Esta acción únese ao programa de formación laboral que executa cada ano o Concello de Culleredo como camiño de axuda ás persoas en paro para buscar a súa inserción laboral.

Sede electrónica

Información dos procedementos do catálogo municipal, descarga de solicitudes, rexistro telemático...

Acceda aos servizos

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

Envíanos as tuas dúbidas

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina