2 ª Convocatoria selección mestres programación AFD – 2021-2022 (persoal laboral temporal)
Convócase proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, de mestras/es para impartir da especialidade SSCS0208 – Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais os módulos que se detallan a continuación:
- MF1016-2: Apoio na organización de intervencións no ámbito institucional (100 horas)
- MF1019-2. Apoio psicosocial, atención relacional e comunicativa en institucións (130 horas)
- MP0029: Módulo de prácticas profesionais non laborais (80 horas)
A presente convocatoria rexerase pola bases aprobadas pola Xunta de Goberno local en sesión do 8 de novembro de 2021 e que se publican nesta páxina web como documento anexo.
O prazo para a presentación das solicitudes será de cinco días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
NOTA.- Para a presentación das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello precisarase de cita previa, chamando ao teléfono 981 677 777 (Casa do Concello) ou 981 665 597 (Edificio Servizos Múltiples en O Burgo)
ando ao teléfono 981 677 777 (Casa do Concello) ou 981 665 597 (Edificio Servizos Múltiples en O Burgo)
Prazo presentación solicitudes. No BOP do 23 de novembro de 2021 (núm. 223), publicouse o anuncio desta convocatoria e as súas bases específicas. O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP (base 3.3 da convocatoria). Prazo presentación de solicitudes do 24 ao 30 de agosto de 2021, ambos inclusive.
Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos e excluídos. Concédese un prazo de 3 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das listas provisionais no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (10, 13 e 14 de decembro de 2021) co fin de emendar o defecto que motivou a non admisión.
(Documento adxunto: Lista provisional admitidos e excluídos 2ª convocatoria módulos Atención sociosanitaria.pdf)
Lista definitiva de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de reclamacións, aprobouse a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as.
(Documento adxunto: Lista definitiva admitidos e excluídos 2ª convocatoria módulos Atención sociosanitaria.pdf)
Convocatoria fase de oposición. Defensa da memoria. Convócase aos aspirantes admitidos á realización da fase de oposición do proceso selectivo (defensa durante un período máximo de 20 minutos da memoria presentada xunto coa solicitude) no Centro Municipal de Formación e Emprego “Pablo Picasso” (r/Antonio Machado s/n, O Burgo-Culleredo) – Teléfono 981 66 42 04), no día e hora que se detalla no documento que se achega.
(Documento adxunto: 2ª Convocatoria fase de oposición. Defensa da memoria.pdf)
Cualificación do proceso selectivo 2ª convocatoria. De acordo co establecido nas bases desta convocatoria, publícase o resultado do concurso-oposición. Recóllese no documento “Resultados proceso selectivo 2ª convocatoria.pdf”
Convocatoria selección mestres programación AFD – 2021-2022 (persoal laboral temporal)
Convócase proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, de mestras/es para impartir as unidades de competencia das especialidades da programación AFD, exercicio 2021-2022.
A presente convocatoria rexerase pola bases aprobadas pola Xunta de Goberno local en sesión do 19 de xullo de 2021 e que se publican nesta páxina web como documento anexo.
O prazo para a presentación das solicitudes será de cinco días hábiles, desde o seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.
NOTA.- Para a presentación das solicitudes no Rexistro Xeral do Concello precisarase de cita previa, chamando ao teléfono 981 677 777 (Casa do Concello) ou 981 665 597 (Edificio Servizos Múltiples en O Burgo)
Prazo presentación solicitudes. No BOP do 30 de xullo de 2021 (núm. 143), publicouse o anuncio desta convocatoria e as súas bases específicas. O prazo para a presentación de solicitudes será de 5 días hábiles, desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP (base 3.3 da convocatoria). Prazo presentación de solicitudes do 2 ao 6 de agosto de 2021, ambos inclusive.
Lista provisional de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de presentación de instancias, apróbase a lista provisional de admitidos e excluídos. Concédese un prazo de 3 días hábiles, contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio das listas provisionais no taboleiro de anuncios e na páxina web do concello (27, 30 e 31 de agosto de 2021) co fin de emendar o defecto que motivou a non admisión. (Documento adxunto: Lista provisional de admitidos e excluídos.pdf)
Lista definitiva de admitidos e excluídos. Rematado o prazo de reclamacións, aprobouse a lista definitiva de admitidos/as e excluídos/as. (Documento adxunto: Lista definitiva dos aspirantes admitidos e excluídos.pdf)
Convocatoria proceso oposición AFD 2021. Convócase ás/os aspirantes á realización da fase de oposición do proceso selectivo, no lugar, data e hora que se recolle a continuación. (Documento adxunto: Convocatoria proceso oposición AFD 2021.pdf)
Cualificación do proceso selectivo. De acordo co establecido nas bases desta convocatoria, publícase o resultado do concurso-oposición. Recóllese no documento “Resultados proceso selectivo mestres AFD 2021 - 2022.pdf”
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER