O Concello de Culleredo impulsa a formación para persoas desempregadas no ámbito do marketing 2.0

O Concello de Culleredo tamén pon a disposición da veciñanza un curso en liña no ámbito do marketing 2.0 e para persoas desempregadas. Está dirixido ás veciñas e veciños de Culleredo, de 18 ou máis anos, en situación de desemprego e inscritos e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Haberá 30 prazas dispoñibles. Como se trata da modalidade enliña, o alumnado deberá dispoñer de acceso a un dispositivo con conexión a Internet.

Os contidos son os seguintes:

  • Introdución á tecnoloxía.
  • Máis alá do banner.
  • E-mail marketing, unha arma de dobre fío.
  • Elixindo as palabras axeitadas.
  • Escoitar os Social Media.
  • Viralizar a mensaxe.
  • Xestionar a reputación en liña.
  • Analítica web.

A preinscrición poderá realizarse do 8 ao 11 de marzo de 2022, por rigorosa orde de inscrición a través do formulario que atoparás nesta web para aquel entonces. As listaxes de alumnado, así coma o calendario e horario da actividade, poderán consultarse tamén aquí, e no Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso". O día 15 de marzo publicarase a listaxe de solicitudes presentadas. O 16 e o 17 de marzo, poderán presentarse as alegacións, a través de formacion@culleredo.es. O día 22 de marzo publicaranse as listas definitivas. Presumiblemente, o curso comezará o 30 de marzo.

Para máis información, pódese contactar co Centro Municipal de Formación e Emprego "Pablo Picasso" no 981 66 42 04.

FORMULARIO DE PREINSCRICIÓN

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina