Culleredo licita a obra de renovación da Praza de Galicia e a súa contorna

O Concello de Culleredo sacou hoxe a licitación a obra de renovación da Praza de Galicia, tras rematar coa tramitación administrativa pertinente e obter, finalmente, todos os permisos das administracións vencelladas o proxecto, dado que atopa en área de influencia do Camiño Inglés.

Contará cun orzamento de 1.367.816 euros e gozará dunha imaxe moderna, co peón como protagonista. O proxecto do Concello contempla un cambio substancial tanto na súa estética como nas súas prestacións, cun novo parque infantil e remodelación do firme.

A actuación desenvolverase en diversas vías do municipio, que comprenden un tramo da Avenida da Coruña, que se inicia na ponte sobre as vías do tren e finaliza no cruzamento desta arteria coa Avenida de Galicia; un tramo do vial provincial DP-3103 que abarca a rúa Alexandre Bóveda e parte de cálea Costa da Lonxa e un tramo da Avenida de Galicia que se inicia na glorieta que conflúe coa estrada provincial DP- 3103 e finaliza á altura da plazoleta partida que intersecta este vial coas rúas Pablo Picasso e Pintor Tim Behrens.

Contémplase, entre outras medidas, mellorar a seguridade viaria e implementar accións de rexeneración urbana da contorna modificando os pavimentos tanto de beirarrúas como da calzada, a reparación dos servizos municipais deteriorados, a reordenación de espazos e a adaptación dos itinerarios peonís ás normativas de accesibilidade vixentes.

Tamén se optimizará a iluminación pública e adaptarase o que discorre pola Avenida da Coruña ás características do tramo que lle precede, renovado recentemente. Modificaranse tamén os aparcamentos actuais para aumentar o ancho das beirarrúas e impedir que os vehículos estacionados invadan estas. Renovaranse varandas, mellorarase o xiro de vehículos na incorporación á Avenida de Galicia desde a Avenida da Coruña mediante a adecuación das beirarrúas e simplificarase a sinalización vertical.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina