Culleredo será escenario este sábado da Copa Galicia de Ciclocrós

O Salón de Plenos do Concello de Culleredo albergou esta mañá a presentación de Copa Galicia de Ciclocrós que se celebrará o último día do ano, o sábado 31 de decembro, no recinto de Acea de Ama.

Trátase dunha actividade na que participa por primeira vez a Peña Ciclista Monte Xalo, coorganizando o evento. Á presentación acudiron o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; o presidente da Peña Ciclista Monte Xalo, Julio Brandariz; o alcalde, José Ramón Rioboo e o concelleiro de Deportes, Miguel Suárez.

Unha proba na que o Concello de Culleredo colabora desde fai, polo menos, cinco edicións, na que os deportistas consideran unha contorna moi atractiva, singular ao tratarse dun recinto pechado, non sendo habitual neste tipo de competicións, sendo a antesala do Campionato Galego, que se celebrará en xaneiro, así como clasificatoria para o Campionato de España.

A proba combinará rodadura sobre campo, carreiros e taludes, que dotarán á carreira da exixencia e explosividade propias da modalidade. Os participantes das primeiras mangas tomarán a saída as 9:30 horas, e espérase o concurso duns 250 deportistas entre todalas categorias feminina e masculina.

Por categorías, celebraranse tandas de Máster 30 masculina, Máster 50 masculina, Máster 60 masculina, Máster 40 masculina, cadete masculina, Élite/sub 23 feminina, júnior feminina, cadete feminina, máster feminina, Élite/sub 23 masculina, júnior masculina e infantís.

Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo, fixo fincapé no “traballo que está a facer o Concello de Culleredo co desenvolvemento e promoción, neste caso, do ciclismo. Estamos a presentar esta Copa de Galicia de Ciclocrós, mítica no calendario galego, e que chegou a ser Copa de Españas, pechando unha tempada das máis exitosas a nivel de organización e de participación”.

Desde a Pena Ciclista Monte Xalo, o seu presidente, Julio Brandariz, achegou que “desde o plano técnico vai ser o clásico circuíto, que como se apuntou antes, chegou a ser Copa de España, aínda que haberá zonas novas que non houbo outras veces, de máxima esixencia pero seguro como de costume”, e agradeceu “as colaboracións de patrocinios privados e ás institucións, como neste caso é o Concello de Culleredo”.

Pola súa banda, o alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, agradeceu tanto á Federación como ao conxunto do Monte Xalo, o “escoller o noso municipio para pechar un ano 2022 da mellor maneira posible. Cremos que o ciclismo en Galicia está de parabéns, porque ademais de ter unha directiva e un presidente moi preocupado por esta modalidade deportiva, tamén ten unha gran afección no ámbito galego”, recalcando que “o complexo deportivo de Acea de Ama é idóneo polas súas características e desexamos á organización, ao ciclismo galego e á Pena Ciclista Monte Xalo, e que o vindeiro sábado sexa a mellor despedida posible para un gran 2022 tamén no ámbito deportivo”.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina