O Concello convoca á mocidade a participar no concurso de booktrailer 'Moito Conto!'

O Concello de Culleredo, a través da área de Xuventude, convoca aos mozos e mozas de 14 a 30 anos a participar no concurso de booktrailer ‘Moito Conto!’. O obxectivo primordial desta actividade é promover e difundir os hábitos lectores e comunicación entre os veciños e veciñas desta franxa de idade, así como a súa creatividade.

Pódense presentar propostas desde hoxe, martes 9 de maio, e ata o 28 de maio ás 00:00 horas. Do 29 ao 30 de maio, o público votará a través da páxina de Facebook e Instagram de Xuventude Culleredo.

Os proxectos poden tratar sobre calquera tema, libro, idioma e soporte, sempre que se trate dunha copia legal. Teñen que estar creados en lingua galega e valorarase positivamente que aparezan obras en galego nos proxectos presentados. O tratamento da crítica ten que ser sempre en positivo e, dado o caso, o vídeo ten que protexer a trama do libro, non pode desvelar nada relevante da historia.

O xurado entregará dous premios, un por cada tramo de idade: dos 14 aos 17 anos, e dos 18 aos 30 anos. Tamén haberá un premio do público, que se outorgará á obra que obteña un maior número de gústames no Instagram de Xuventude Culleredo. Os premios consistirán nun diploma, un ebook e un vale de 50 euros para comprar libros en Copyburgo (premios do xurado) e un diploma e un vale de 50 euros para comprar libros en Copyburgo.

Tamén haberá un sorteo a través do perfil de Instagram @xuventudeculleredo de 2 vales de 25 euros para comprar libros na devandita librería. Para poder participar no mesmo, haberá que ser seguidor deste perfil, darlle gústame na publicación da obra que máis che guste, cada perfil só terá unha participación no sorte e este realizarase mediante a ferramenta EASYPROMOS. As bases poden consultarse no arquivo adxunto a esta nova. 

Vista previaAdxuntoTamaño
bases_moitoconto.pdf2.64 MB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina