O Salón de Plenos do Concello de Culleredo acolleu a recepción institucional aos deportistas e técnicos do Balonmán Culleredo que participaron a primeira semana de xaneiro no CESA, Campionato de España de Seleccións Autonómica, en Cataluña.
Trátase dunha cita relevante no calendario anual, que moitos e moitas definen como a festa do balonmán base, reunindo a un total de 103 seleccións autonómicas repartidas nas categorías xuvenil, cadete e infantil.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e a concelleira de Deportes, Cristina Pardo, entregáronlle uns detalles conmemorativos a Alexis Martínez, Alejandro Seijo, Claudia Soto, Xoán Canedo, Samuel Seijas, Marcos Regueiro, Iván Sánchez e Fernando Vázquez, facendo especial fincapé na gran labor de promoción do deporte base do club en todo o municipio.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER