Educación

O Concello estrea as curtas elaboradas por 50 alumnos do Blanco Amor na terceira edición do "Culleredo, de cine"

O Concello de Culleredo conclúe a terceira edición do seu programa “Culleredo, de cine” coa estrea das tres curtametraxes elaboradas polos máis de 50 mozos participantes. O IES Blanco Amor foi escenario o venres, 20 de xuño, da proxección da obra dos seus alumnos de 4º de ESO, no marco da gradación que celebraron no centro.
 

Cullerciencia celebrará a súa sétima edición con máis de 35 carpas cheas de experimentos e proxectos científicos

O Concello de Culleredo e o CEIP Ría do Burgo presentaron a sétima edición de Cullerciencia, unha feira xa consolidada en Galicia e que reúne cada ano a centos de visitantes. Será o sábado, 7 de xuño, de 12:00 a 19:00 horas na explanada do Paseo Marítimo do Burgo.
 
 

O programa EducaCulleredo achega o teatro aos estudantes dos institutos

O alumnado dos institutos de Culleredo participa estes días na iniciativa ‘Teatralízache: Alta Costura’, unha proposta que forma parte do programa municipal EducaCulleredo e que achega o teatro á mocidade do municipio.
 
 

O CRA de Culleredo celebrará xornadas de portas abertas do 28 de xaneiro ao 28 de febreiro

O CRA de Culleredo, centro público para alumnado de Educación Infantil de 3 a 6 anos composto por catro escolas do Concello de Culleredo, comeza as súas xornadas de portas abertas o próximo 28 de xaneiro. Estas xornadas de portas abertas estenderanse ata o próximo 28 de febreiro.

Culleredo oferta un campamento de Nadal para facilitar a conciliación das familias

O Concello de Culleredo aposta, un ano máis, por proporcionar á veciñanza unha alternativa de lecer educativo durante as vacacións escolares de Nadal, ofertando un campamento para facilitar a conciliación nos fogares. A actividade leva por título ‘Campamento de Nadal: Archeology Gate’ e está impulsada pola área de Cultura, Educación, Deportes e Participación Cidadá.

Culleredo reúne a 450 nenos e nenas nos seus campamentos para a conciliación

O Concello de Culleredo ten en marcha os seus campamentos de verán para a conciliación cunha gran acollida entre as familias. Un total de 450 pequenos e pequenas de 3 a 12 anos de idade participan nalgunha das quendas que funcionarán os meses de xullo e agosto.

Cullerciencia celebra o sábado 8 a súa VI edición crecendo en participación

Concello de Culleredo e o CEIP Ría do Burgo presentaron hoxe a sexta edición de Cullereciencia, unha feira xa consolidada en Galicia e que reúne cada ano máis participación. Será este sábado, 8 de xuño, de 12.00 a 19.00 horas na explanada do paseo marítimo do Burgo.

Mañás de campamento para conciliar no verán 2024

O Concello de Culleredo convoca os campamentos urbanos de verán 2024 para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións. O 10 de abril ábrese o período de preinscrición.

Culleredo celebrou a primeira sesión do seu XXIII Pleno Infantil

O Concello de Culleredo celebrou esta mañá a primeira das dúas sesións do seu tradicional Pleno infantil, cando se cumpren 23 anos desde que tivese lugar a primeira edición dunha actividade que se enmarca dentro do programa educativo municipal EDUCACULLEREDO.

O Concello desenvolve as Mañás de Campamento 2023

Continúa desenvolvéndose con motivo das vacacións de verán o programa municipal "Mañás de campamento 2023", impulsado para facilitar a conciliación ás familias de Culleredo. 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina