Baixo a premisa de que é importante que os escolares coñezan as orixes e os recursos do municipio no que viven, o Concello organiza rutas didácticas para descubrir a historia e a natureza de Culleredo. Son uns 700 escolares os que participan.
O Concello acaba de recibir da Xunta os datos de matrícula nas tres escolas infantís do municipio: son 251 pequenos os que quedan en lista de agarda. O goberno local defenderá a apertura dunha cuarta escola.
ALMA, Apoio á Lactación Materna celebrou o sábado a súa I Xornada sobre Alimentación Infantil, que se impartiu no Pazo de Vila Melania en Culleredo, coa colaboración do Concello, logrando un cheo total.
O Concello de Culleredo prosegue coa súa colaboración con ADICAE, en prol dos dereitos dos consumidores. Nesta ocasión, o municipio cullerdense forma parte da campaña da entidade aproveitando a celebración do Día Europeo de Protección do Consumidor Financeiro. A actividade será o xoves, 4 de xuño, ás 19.00 horas no Pazo de Vila Melania (Vilaboa).
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER