A Concellaría de Educación e Seguridade Cidadá desenvolven a IX Campaña de Educación Vial nos centros educativos de Culleredo. Do 9 de abril ata o 21 de maio
Actividades nos centros escolares de Culleredo na
"IX Campaña de Educación Vial"
Promove: Concellaría de Educación de Culleredo e
Concellaría de Seguridade Cidadá
Clases teórico-prácticas de educación vial en 6º de primaria nos centros educativos de Culleredo:
O equipo municipal de educación vial da Concellaría de Educación e de Seguridade Cidadá de Culleredo impartirá unhas nocións básicas de comportamentos axeitados nas vías públicas como peóns ou usuarios de transportes, aos alumnos e alumnas de 6º de primaria dos centros escolares de Culleredo. O mesmo día, asistirán a unha clase práctica que se desenvolverá no Parque que a Dirección Xeral de Tráfico instalará no Complexo deportivo de Acea de Ama, segundo o seguinte calendario e horario:
DÍA |
COLEXIO | HORA | CURSO |
MÉRCORES14 MAIO | SOFÍA CASANOVA | 11:45-13:45 | 6º A |
XOVES15 MAIO | SOFÍA CASANOVA | 10.00-12:00 | 6º B |
Centro Ocupacional “A Escada” | 11:50-13:50 | todos | |
VENRES16 MAIO | RIAS ALTAS | 9:30-11:30 | 6º |
RIA DO BURGO | 11:45-13:45 | 6º A+B | |
LUNS19 MAIO | TARRÍO | 9:45-11:45 | 6º A |
ISAAC DÍAZ PARDO | 12:00-13:45 | 6º A | |
MARTES20 MAIO | TARRÍO | 9:45-11:45 | 6º B |
ISAAC DÍAZ PARDO | 12:00-13:45 | 6ºB | |
MERCORES21 MAIO | A PONTE PASAXE | 10:00-12:00 | 6º |
Clases teóricas de Educación Vial en Educación Infantil:
Impartidas polos policías locais de Culleredo, especialistas en educación vial, trasladarase aos alumnos e alumnas nocións básicas adaptadas a estas idades como complemento do traballo que están a desenvolver nas aulas o profesorado co apoio do material didáctico facilitado pola Dirección Xeral de Tráfico. O calendario e horario de desenvolvemento das actividades é o seguinte:
DÍA |
CENTRO | HORA | CURSO |
MÉRCORES9 ABRIL | CRA: AULA LEDOÑO | 10:00-11:30 | 1º+2º+3º de EI |
CRA: AULA VINSEIRA | 12:00-13:30 | ||
XOVES10 ABRIL | CRA: AULA SÉSAMO | 10:00-11:30 | 1º+2º+3º de EI |
CRA: AULA O CURRO | 12:00-13:30 | ||
LUNS14 ABRIL | CRA: AULA EI ALMEIRAS | 10:00-11:30 | 1º+2º+3º de EI |
CRA: AULA EP ALMEIRAS | 12:00-13:30 | ||
MARTES15 ABRIL | CEIP RIA DO BURGO | 10:00-11:30 | 5 anos A |
12:00-13:30 | 5 anos B | ||
LUNS21 ABRIL | CEIP TARRÍO | 10:00-11:30 | 4-5 anos + 5 anos |
12:00-13:00 | |||
MARTES22 ABRIL | CEIP SOFÍA CASANOVA | 10:00-11:30 | 5 anos A |
12:00-13:30 | 5 anos B | ||
CPR A PONTE PASAXE | 10:00-11:30 | 5 anos | |
MÉRCORES23 ABRIL | CEIP DIAZ PARDO | 10:00-11:30 | 5 anos A |
12:00-13:30 | 5 anos B |
Obra de Teatro da Dirección Xeral de Tráfico: "Un sueño fantástico".
O venres 9 de maio preto de 800 alumnos e alumnas de 2º e 3º ciclo de primaria participarán nunha obra de teatro da Dirección Xeral de Tráfico coa que se pretende que o alumnado acade un correcto comportamento social e de respeto polas normas de tráfico. Representarase no Salón de actos do IES Cruceiro Baleares en dúas sesións: ás 10:30 e ás 12:00 horas. Participarán da actividade os centros: CEIP Tarrío, CEIP Díaz Pardo, CEIP Sofía Casanova, CEIP Ría do Burgo, CPR A Ponte Pasaxe E CPR Rías Altas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER