Actividades do Centro Ocupacional Municipal “A ESCADA”

Programa de visitas culturais

Dende a Concellería de Cultura, Deportes de Participación Cidadá e a Concellería de Benestar Social e Promoción Económica desenvolverase durante dous venres ao mes en horario de 9.30h a 11.30h un programa de actividades cuxos obxectivos son os seguintes:

- Coñecemento da historia e do patrimonio monumental, cultural e medio ambiental de Culleredo, de maneira moi didáctica.

- Coñecemento das actividades artísticas que se organizan no Concello de Culleredo, visitando as exposicións.

- Realizar actividades ao aire libre.

Estas visitas serían guiadas polo historiador do Concello anque o alumnado irá acompañado dos seus monitores.

As actividades serán as seguintes:

Venres 25 de abril de 2008: Visita ó xardín botánico.
Aproveitarase para ver a floración, os diversos tipos de especies e xardíns, etc.

Venres 9 de maio de 2008: Visita ós Muiños de Acea de Ama.
Explicarase a historia das aceas, o seu funcionamento, o folclore dos muíños.

Venres 23 de maio de 2008: Visita á Igrexa de Santiago do Burgo
Explicarase a arquitectura da igrexa, época na que se fixo, como era o Burgo medieval, como se vivía na Idade Media...

Venres 6 de xuño de 2008: Visita ás Ruínas da Fábrica CROS.
Explicarase a importancia da fábrica CROS en Culleredo: cando se construiu, a que se dedicaba, para que servía o que producía, que persoas traballaban nela, que se vai facer con ela, etc.

Martes 27 de xuño de 2008: O Camiño de Santiago en Culleredo.
Percorrerase un tramo do Paseo Marítimo da Ría do Burgo. Partiríamos da ponte do Burgo e seguiríase o Camiño inglés de peregrinación ata o Xardín Botánico, regresando á "Escada".
Aproveitaríase, ademais de para falar das peregrinacións, para observar as aves da ría, falar dos areeiros, do marisqueo, do coidado do medio ambiente...

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina