"Descubrir Culleredo"

Culleredo a vista de paxaro

A Concellaría de educación, igualdade e formación está a desenvolver dentro do programa "Descubrir Culleredo", unha actividade denominada: Culleredo a vista de paxaro.

Con esta actividade, o alumnado do IES Blanco Amor disfrutará dunha saída ao entorno do monte Xalo donde terán ocasión de realizar diversas probas físicas, de matemáticas, de bioloxía, de lingua etc aplicadas dun xeito práctico no espazo no que se atopan.

Aprenderán o que é unha estación meteorolóxica, un punto xeodésico, denominación da flora e fauna da zona, coñecerán e verán os límites do concello de Culleredo, localizarán diversos puntos de interese desde o petón do Xalo (aeroporto, colexio, ría, ríos, etc) e terán que desenvolver diversas actividades en equipo seguindo unhas pistas que os monitores deixan ao longo do percorrido.

Ao regreso farán unha pequena rota de sendeirismo que lles permitirá disfrutar dunha actividade física que require para o seu desenvolvemento unhas nocións previas impartidas desde o departamento de educación física do propio instituto.

O obxectivo da xornada é coñecer a realidade xeográfica do concello e realizar diversas probas prácticas para o asentamento dos coñecementos impartidos sobre o mesmo.

Alumnos de Culleredo participan n0 proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos

O 29 de abril, 52 alumnos e alumnas de 4º de ESO do IES Blanco Amor, realizaron unha visita cultural a Santiago de Compostela para coñecer a realidade arquitectónica e histórica da cidade.

O departamento de educación de Culleredo, colabora coas actividades que desenvolve o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia nos centros escolares, enmarcadas dentro do proxecto Terra deseñado por este organismo.

O concello de Culleredo asinou no mes de novembro un convenio co COAG para posibilitar que o alumnado de secundaria poida participar neste proxecto que os achega a realidade territorial de Galicia e que complementa perfectamente o que desde o Departamento de Educación Municipal ven desenvolvendo, o programa " Descubrir Culleredo", co que tamén se pretende achegar a realidade territorial, histórica e arquitectónica de Culleredo aos escolares.

 

 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina