Culleredo está poboado desde a Prehistoria.
Do período neolítico quedan as pegadas do megalitismo, práctica funeraria caracterizada pola construción de monumentos funerarios, as mámoas, do latín MAMULA (mama), consistentes nun dolmen, moitas veces con corredor, que logo é tapado con pedras e terra.
Sábese por diversos estudos que na zona da Zapateira, abranguendo boa parte do que son as parroquias de Rutis e Orro, existiu un importante complexo funerario de preto de 40 mámoas, e que no monte Xalo, onde existen pedras con cultos relixiosos precristiáns asociados ("Pedras Galladas", "Igrexa dos Mouros" etc.), tamén se localizan restos destes monumentos.
Pénsase, ademais, que dous camiños megalíticos atravesaban o noso Concello: un, que desde Arteixo e Uxes iría cara ao Burgo, e outro que sairía de Elviña con dirección ao Xalo.
En moitas das mámoas téñense atopado enxovais funerarios, consistentes en fragmentos de sílex, machados pulimentados etc. Estes complexos funerarios terían unha antigüidade de 4.000 a 6.000 anos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER