O día 7 de maio, 45 alumnos/as de 4º de ESO do IES Blanco Amor participaron nunha das actividades previstas do programa "Descubrir Culleredo" que se denomina: Viaxando a través do tempo.
Con esta actividade, o alumnado disfrutou dunha saída ao entorno de Culleredo donde teiveron ocasión de coñecer enclaves de interese da historia antiga e moderna do noso concello.
Acompañados por profesorado e monitores, coñeceron de cerca os Muíños do Rego de Xesteiras e a importancia das construccións populares; logo coñeceron a historia da Torre de Celas e adentráronse no románico do rural estudiando a igrexa de Sta María de Celas.
A continuación dirixíronse ata a ponte do Burgo e souberon da importancia desta construcción e a evolución a través do tempo.Escoitaron historias do camiño inglés e descubriron os aspectos mais salientables da arte na igrexa de Santiago do Burgo.
En contraste, dirixironse á igrexa de Vilaboa donde coñeceron algunha das obras de Lugrís e as formas modernas de construcción diferenciadas das do medievo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER