Dende a Concellaría de Benestar Social e seguindo coa prioridade de darlle un maior benestar á cidadanía cullerdense e no que atinxe aos nosos maiores, contribuír a un envellecemento activo e en "darlle vida aos anos" como veño dicindo estes meses, imos presentar o programa de actividades para este verán 08.
Este vai ser o verán dos maiores porque ademais de compartir cos seus o tempo de vagar, de descanso á sombra, de conversa logo do xantar, de paseos á tardiña, .... vai haber tamén tempo para participar en actividades nas que ademais de relacionarse cos veciños e veciñas,e de pasalo ben, aprendemos cousas novas.
XUÑO:
Mostra de "Bailes do mundo", intercambio co Concello de Abegondo, no Burgo.
Charla "Prevención de caídas" en Tarrío, Celas e O Burgo; dentro do obradoiro "Coido o meu corpo".
Actividades no Día da Familia.
Roteiro do Val de Veiga e encontro de Vicepresidencia: "Lecer para maiores"
Exposición de traballo do obradoiro "Exprésome" en O Burgo, Sueiro, Boedo, Tarrío Bregua e Orro.
Obradoiro de radio: "O saber que dan os anos" en O Burgo, Sueiro, Boedo, Tarrío e Radio Culleredo.
XULLO:
Obradoiro "Móveme ao aire libre" en Celas, Vilaboa, Tarrío, O Burgo.
Obradoiro "Estírome ao aire libre" en Celas, Vilaboa, Tarrío, O Burgo.
Teatro de maiores para a infancia, na escola infantil Municipal e no Campamento Urbán do Burgo.
Teatro de maiores no Conservatorio do Burgo.
Obradoiro "Exprésome: Exposicións de traballos" en Vilaboa, Celas, Ledoño e Castelo.
Obradoiro de "Cociña de verán: pratos fríos" no Burgo, Orro, Ledoño.
Obradoiro de xogos populares: petanca en Vilaboa.
Obradoiro de videoxogos na Casa da Mocidade, no Burgo.
Excursión en tren.
Roteiro mariñán e plantación de árbores.
Obradoiro de radio "O saber que dan os anos" en O Burgo, Tarrío, Ledoño, Vilaboa e Radio Culleredo.
AGOSTO:
Obradoiro "Móveme ao aire libre" en Celas, Vilaboa, Tarrío e O Burgo.
Obradoiro "Estírome ao aire libre" en Celas, Vilaboa, Tarrío e O Burgo.
Obradoiro de "Cociña de verán: pratos fríos" no Burgo, Orro e Ledoño.
Obradoiro de "Xogos populares" en Vilaboa.
Obradoiro de videoxogos na Casa da Mocidade, no Burgo.
Excursión (por determinar)
SETEMBRO:
Obradoiro "Móveme ao aire libre" en Celas, Vilaboa, Tarrío e O Burgo.
Obradoiro "Estírome ao aire libre" en Celas, Vilaboa, Tarrío e O Burgo.
Obradoiro de "Cociña de verán: pratos fríos" no Burgo, Orro e Ledoño.
Obradoiro de "Xogos populares" en Vilaboa.
Obradoiro de videoxogos na Casa da Mocidade, no Burgo.
Charla "Envellecemento activo e saudable: o exercicio físico, a alimentación sana" en Orro, Castelo e Vilaboa.
Programa de radio en Radio Culleredo.
Festa de despedida do verán.
Información e inscrición no teléfono 981 665 335 ou persoalmente no Centro Social Sara Vázquez (Casa Rosa) - O Burgo
Tamén no teléfono 981.654570.
Horario:
De luns a venres de 10:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 21:00
Ver os arquivos que se achegan
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
O Verán dos maiores ext.pdf | 329.55 KB | |
o verán dos maiores int.pdf | 382.22 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER