Culleredo organiza o I Curso Básico de xestión para ANPAS e outras asociacións

A Concellaría de educación do Concello de Culleredo desenvolverá, o vindeiro sábado día 7 de xuño, na biblioteca do Conservatorio profesional de música de Culleredo o "I Curso básico de xestión para ANPAS e Asociacións de mulleres de Culleredo".

A finalidade da iniciativa é proporcionar formación ás xuntas directivas das asociacións para desenvolver as tarefas de xestión das diferentes entidades, traballo moitas veces desagradable pola súa burocratización. Os contidos a tratar, que terán un carácter práctico, son os seguintes:

1.- Planificación, deseño e xestión de actividades.
2.- Financiamento das entidades non lucrativas.
3.- Tramitación e xestión de subvencións.
4.- Comunicación interna e externa.
5.- Recursos para o sector non lucrativo.

A sesión desenvolverase de 9:30 a 13:30 e participarán as ANPAS dos colexios de Tarrío, de Sofía Casanova, de Ría do Burgo, de Díaz Pardo, de A Ponte Pasaxe, do IES Cruceiro Baleares e do IES Blanco Amor, así como das asociacións de mulleres " A Lancada" e " Rosalía de Castro".

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina