O Concello de Culleredo, desde a Concellaría de Sanidade, asinou o 29 de maio un convenio de colaboración coa Asociación "Compañía de teatro e danza El Ruiseñor" para a execución conxunta dunha experiencia piloto de fomento de hábitos saudables entre a poboación infantil e xuvenil a través do teatro e danza musical.
A experiencia a desenvolver consiste na implementación e avaliación de accións formativas na área do teatro e danza musical como instrumento axeitado para a promoción da actividade física entre os menores e os xoves do Concello de Culleredo.
O Convenio conleva unha axuda a asociación "El Ruiseñor", que nestes intres, traballa con 100 alumnos e alumnas, a axuda sería de 3.000€.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER