O Departamento de Educación de Culleredo amplía o prazo para a preinscrición no programa "Mañás de Campamentos" naqueles grupos con prazas vacantes: Do 2 ao 6 de xuño
O programa "mañás de campamentos" está a incrementar sustancialmente as preinscricións con respecto ao ano anterior, cumprindo deste xeito o obxectivo que tiña plantexado o concello de Culleredo de cubrir as necesidades de conciliación da vida familiar e laboral no período non lectivo de verán. Ata agora hai solicitadas 310 prazas. Aínda así, como a oferta duplica a de anos anteriores, chegando ás 560 prazas, aínda quedan vacantes. É por elo que o departamento de educación amplía o prazo de preinscrición, desde o día 2 ata o 6 de xuño. Esta ampliación só se da para aqueles campamentos nos que existen vacantes, que son os seguintes:
• Para rapaces e rapazas de entre 3 e 6 anos as seguintes prazas:
Campamento de 2 semanas entre o 23 de xuño ao 4 de xullo: 13 vacantes
Campamento de 2 semanas entre o 21 de xullo e o 1 de agosto: 25 vacantes
Campamento de 2 semanas entre o 4 de agosto e o 14 de agosto: 21 vacantes
Campamento de 2 semanas entre o 18 de agosto e o 29 de agosto: 31 vacantes
Campamento de 4 semanas entre o 4 de agosto ao 29 de agosto: 27 vacantes
• Para rapaces e rapazas de entre 7 e 12 anos as seguintes prazas:
Campamento de 2 semanas entre o 23 de xuño ao 4 de xullo: 16 vacantes
Campamento de 2 semanas entre o 21 de xullo e o 1 de agosto: 34 vacantes
Campamento de 2 semanas entre o 4 de agosto e o 14 de agosto: 17 vacantes
Campamento de 2 semanas entre o 18 de agosto e o 29 de agosto: 31 vacantes
Campamento de 4 semanas entre o 4 de agosto ao 29 de agosto: 17 vacantes
Campamento de 6 semanas entre o 23 de xuño ao 1 de agosto: 18 vacantes
Para máis información ver o arquivo adxunto
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
CUADRIPTICO CULLEREDO.pdf | 587.9 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER