O 10 de xuño pasado, presentouse no Pazo de Villa Melania, en Vilaboa, as conclusións dun estudio sobre a situación e perspectivas da producción hortícola na Comarca das Mariñas.
O informe foi promovido e subvencionado polo Grupo de Acción Local "Terra das Mariñas", a través do Programa PRODER II, en colaboración co Concello de Culleredo, ca Deputación Provincial da Coruña, AGADER, etc, que uniron forzas, para deste xeito apoiar o desenvolvemento rural na comarca.
Este informe foi elaborado pola consultora Sabora, S.L., e apunta o cooperativismo como a fórmula idónea para que as persoas responsables de explotacións hortícolas da comarca podan introducir as súas produccións nos diferentes mercados.
Debido á necesidade de organizar a producción hortícola, deseñar un sistema común de comercialización, mellorar a calidade e finalmente, acadar unha proxección eficiente no mercado, máis de vinte horticultores da comarca acordaron deseñar un proxecto cooperativista.
O nome da cooperativa creada é HORTA DO ATLÁNTICO, S.C.G., e a súa sede atópase no Polígono Industrial de Alvedro, Rúa H. Nave 13-A, 15180, Culleredo, A Coruña.
Para contactar cos responsables so hai que chamar o número de teléfono 670.676.695 (Bibiana Ruzo) ou o 881.993.548 (teléfono/fax). Tamén é posible enviarlles un correo electrónico o enderezo: hortadoatlantico@gmail.com
Para máis información.
Área de Promoción Económica.
Teléfono 981.677.77
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER