O Verán dos Maiores:
A concellería de Benestar Social continúa co prazo aberto para as actividades do mes de xullo dentro do programa "O verán dos maiores" que se organiza dende o Centro Municipal de Maiores e no que se invita a participar a toda a poboación de todas as idades anque con preferencia para as persoas maiores. Trátase de obradoiros de cociña de verán, actividades físicas ao aire libre, xogos populares, excursións, teatro ou charlas. Do mesmo xeito, durante o mes de agosto e setembro continuarán as actividades.
Zona Moza. Ti podes vir. Eu son
A Concellaria de Mocidade organiza actividades para os meses de xullo, agosto e setembro, para os rapaces e rapazas de Culleredo de entre os 12 e os 30 anos. Parque Multiaventura, torneos de videoxogos, roteiros en bici, actividades deportivas: golf, escalada, remo, béisbol feminino, comic manga, grafittis, fotografía, festas, etc son algúns dos obradoiros que se desenvolven dende a Casa da Mocidade. Así tamén permanece aberta ata o vindeiro día 15 de mes a aula de estudo nocturna para aqueles estudantes que o precisen.
Para máis información ver os arquivos que se achegan
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER