Dende a Concellaría de Benestar Social e a fin de cubrir carencias no relativo á actividade municipal ofertada á poboación infantil durante a época estival así como facer prevención, integración e dinamización social, especialmente na etapa de 8 a 11 anos; esta concellaría presenta un programa de actividades na que por vez primeira se contempla a zona rural como un punto mais de desenvovemento da actividade infantil do concello. Deste xeito, durante os sábados dos meses de xullo, agosto e setembro en horario de mañán ou tarde, levaranse a cabo unha serie de obradoiros para os nenos e nenas destas idades na zona do Burgo, de Vilaboa e de Celas de Peiro, nos centros sociais destas parroquias ou nos espazos exteriores, preto dos deles.
Os obradoiros que se desenvolverán nestes puntos son:
* Obradoiro de chefs: eu tamén podo. Cociñamos todo/as
* Reporteiros miúdos: Os/as nenos/as saímos aos rueiros
* Miúdos exploradores: coidamos o nosos medio
* Miúdos reporteiros!: Burgo visto polos nenos/as
* Obradoiros de artistas: mimo, maquillaxe e disfraces
* Reporteiros miúdos: vilaboa visto polos/as nenos/as
* Preparados, listos xa! Xogos de enxeño.
É importante salientar que por vez primeira ofértase actividade infantil na zona rural, tentando descentralizar as actividades municipais e contribuír, a un maior desenvolvemento no eido rural de Culleredo.
Para máis información ver os arquivos que se achegan
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
SÁBADOS MIÚDOS XULLO E PREZOS.pdf | 578.28 KB | |
SÁBADOS MIÚDOS AGOSTO E SETEMBRO.pdf | 168.84 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER