A última fin de semana de agosto rematou a colaboración do voluntariado na defensa do monte galego con Vicepresidencia a través da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, que por vez primeira se levou a cabo dende os concellos de Culleredo, Abegondo e A Coruña. Deste xeito, durante os meses de xullo e agosto leváronse a cabo rotas nas fins de semana polos montes de culleredo e Abegondo.
Nas saídas de Culleredo, colaboraron dúas asociacións de sendeirismo do concello, "A Pedrosa" e "O Carroucho", ésta última organizou as rotas a desenvolver cada sábado, e servindo de guía en cada saída.Tamén acompañaron aos grupos membros de protección civil.
O percorrido levouse a cabo polos montes da parroquia de Orro, montes de Xalo, parroquia de Castelo, montes de Celas-Cruceiro-Ternande, montes de Castelo, Montes de Castro-Laxe-Tarrio, montes de Xalo-Vilacho-Celas e montes de Orro-Bregua-Boedo.
Durante estos percorridos, desenvolveuse unha exhaustiva labor de protección do monte dando información á poboación do lugar de consellos de prevención de incendios, da prohibición de circulación de vehículos de motor, etc
O total de persoas voluntarias participantes foi de 109 A media de idade estivo entre 35-50 anos, igualando o número de homes ao de mulleres. A maioría son da Coruña, e ademáis de Culleredo, de concellos próximos como Oleiros, Carral, Sada, Cambre e tamén de Santiago, Vigo e incluso houbo unha persoa que veu de Astorga e repetiu varias veces.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER