O día 20 de setembro terá lugar en distintos puntos do Concello de Culleredo, unha homenaxe a José Ramallo Sánchez, coñecido popularmente como "Pequecho", home que pasará á historia por ser, sen dúbida, un dos máis importantes dinamizadores do motociclismo en Galicia. Cullerdense de nacemento e de paixón, dedicou a súa vida ao mundo da moto, xa desde a organización de eventos, a dinamización do mundo asociativo, ou ben desde a propia participación en probas de todo tipo (velocidade, resistencia, trial etc.). Correu xunto con pilotos da talla de Ángel Nieto, Bordóns, Grau, Tormo etc.
Este ano, a Concellaría de Industria, Innovación, Comercio e Turismo, organizou para o sábado 20 de setembro, unha homenaxe, que se desenvolverá no Centro Loxístico de Transportes de Ledoño e na Casa do Concello. O comezo será ás 11:30 horas no CLT de Ledoño, onde haberá unha concentración moteira. Ás 12:00 partirase ata a Casa do Concello, pola ruta onde antigamente se facía a "Subida a Culleredo", unha das probas de velocidade de maior importancia no seu momento en Galicia. Ás 12:30 inaugurarase na entrada da Casa do Concello unha vitrina con numeroso material cedido por "Pequecho" ao Concello, entre o que destaca a moto máis emblemática de "Pequecho", unha Derbi RAN 50, recentemente restaurada. Finalmente, ás 13:00 haberá no Centro Cultural de Culleredo, a invitación duns petiscos de benvida.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER