O Centro Municipal de Maiores de Culleredo organiza para o vindeiro sábado, 4 de outubro unha viaxe á "Festa do Marisco" do Grove (Pontevedra).
Durante a xornada de mañá e xantar, as persoas asistentes poderán disfrutar dun programa de actos previsto no que se contemplan dende a alborada a cargo dun grupo de gaitas, stands de venda de marisco, actuacións de grupos folclóricos, ou a Regata de Dornas de Marisco.
Logo despois, ás 5 da tarde realizarase unha visita á cidade de Pontevedra, á que recentemente lle foi outorgada o Premio Nacional da Cultura Galega 2008 polo seu coidado patrimonio.
Para esta actividade contarase cun servizo de transporte que partirá ás 8.00h da mañá dende Castelo, Boedo e Souto e recollerá aos/ás viaxeiros/as polas demais parroquias.
As persoas que desexen inscribirse poden facelo a través dos/as delegados/as parroquiais, na Casa Rosa do Burgo tel 981 665 335 ou no Pazo de Vilaboa (Villa Melania) o día 22 ás 11.00h O prazo para inscribirse é para socios/as ata o venres 26 e setembro e non socios/as a partir do 29 de setembro, no caso de quedar prazas baleiras.
O prezo desta actividade é de 6.64 € para socios/as e de 10.22 € para non socios/as, segundo as ordenanzas fiscais.
Para máis información ver o arquivo que se achega.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
Cartaz viaxe ao Grove.pdf | 151.49 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER