Presentación aos medios das actividades do Centro Municipal de Maiores

O día 16 de outubro na Casa Rosa do Burgo, preséntase públicamente o programa de actividades do Centro Municipal de Maiores para este trimestre do ano 2008 , e que se estenderá ata o 27 de xuño de 2009.

Nesta nova andaina do programa dirixido ás persoas maiores dependente da concellaría de Benestar Social, que dirixe a nacionalista Raquel Jabares, primeira Tenente de alcalde, ofrécese o abano de actividades en cada unha das parroquias do concello cullerdense. Entre as novidades, destacan o estreo de dúas novas actividades: Cestería e alfarería por unha banda e Obradoiro de prensa e radio pola outra ademais da ampliación de 12 novos grupos en distintos lugares do concello.
Todas as actividades se enmarcan nos seguintes módulos :

" MIMO A MIÑA MENTE"
Entreno a memoria e Risoterapia

"EXPRÉSOME "
Artesanía. Cociña e larpeiradas. Cestería e alfarería. Fíos e abalorios. Pintura. Cántigas e sons. Fotografia dixital. Teatro. Obradoiro de radio e prensa

" COIDO O MEU CORPO "
Móvome (ximnasia, relaxación, e estiramentos)
Bailes do mundo )

Prazo de inscrición: aberto ata cubrir prazas baleiras

Comenzo das actividades : outubro
Agás "Móvome" e "Bailes do mundo" no Burgo, que agardarase á inauguración das novas instalacións do centro "A Escada"

Prezo: os estipulados para persoas socias e non socias nas actividades vixentes. Abonarase mediante ingreso bancario na conta do concello sinalada ao efecto nos 10 primeiros dias hábiles trála confirmación da praza.
Horarios e Lugares

ALMEIRAS (Centro Cultural)
19:30 - 20:30 martes e xoves Móvome
19:45-21:15 mércores Bailes do mundo

BOEDO (Centro Social)
19,30-21,30 martes Cesteria/alfarería
19:00 - 21:00 mércores Fios e abelorios

BREGUA (Centro Cultural)
17:00 -19:00 sábado Fios e abelorios

CASTELO (Centro Cultural)
18:45 -20:45 luns Artesanía
19:30- 20:30 martes e xoves Móvome

PORTÁDEGO (Local de Radio Culleredo)
17:00 -18:00 martes e xoves Móvome

CELAS (Centro Social)
18:00-19:00 luns Cántigas e sons
19:20 - 20:20 luns e mércores Movome
19:00 -20:30 martes Bailes do mundo
16:00 -18:00 xoves Artesanía

LEDOÑO (Centro Cultural)
18:10 - 19:10 luns e mércores Móvome
10:00 - 12:00 xoves Cociña e larpeiradas
18:00 - 20:00 venres Artesanía


ORRO (Centro Social)
19:00-21:00 luns Cociña e repostería
10:00 - 11:00 martes e xoves Móvome
19:15 -20:45 martes Teatro
17:30 - 19:30 mércores Pintura


SUEIRO (Centro Social)
17:00 -18:00 luns e mércores Móvome
17:00 -19:00 martes Pintura
17:00-18:00 xoves Risoterapia

TARRIO (Centro Social e ximnasio do Colexio Público de Tarrío)
16:15- 18:15 luns Artesania
18:15 -19:15 luns Entreno a memoria
18:15 -19:15 martes e xoves Móvome
10:15 -12:15 mercores Cociña e larpeiradas
16:00 -18:00 mercores Fios e abelorios
19:00 -20:30 sábados Bailes do mundo

VILABOA (Pazo Vilamelania e Centro Cultural)
16:30-17:30 luns Obradoiro prensa e Radio
18:30- 20:00 luns Bailes do mundo
16:00 -17:00 martes e xoves Móvome
17:15 -18:15 mércores Entreno a memoria
18:30-19:30 mércores Risoterapia
17:15-19:15 xoves Fíos e abelorios

O BURGO (Centro Social Sara Vázquez "Casa Rosa ")
17:15 -18:15 luns Fotografia dixital
17:00 -18:00 Martes Entreno a memoria
18:00 -19:00 Martes e xoves Teatro
10:15 - 12:15 Xoves Artesania
10:15 - 12:15 Venres Cociña e larpeiradas

O BURGO (Centro Ocupacional "A Escada ")
17:00-18:00 luns e mércores Móvome (Grupo 1)
17:15 -18:15 martes e xoves Móvome ( 2 )
18:15 -19:15 martes e xoves Móvome (Grupo 3 )
18:00-19:30 mércores Bailes do mundo

O BURGO (Centro Social Costa da Lonxa)
18:30 -19:30 mércores Obradoiro de prensa e Radio

O concello reservase o dereito de cancelar aqueles grupos de actividade no que non haxa alomenos 8 persoas inscritas.

Para máis información ver o arquivo que se achega.

Vista previaAdxuntoTamaño
Despregable_maiores_2008-2º.pdf 764.97 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina