Este I Encontro de Cooperación, Voluntariado e Interculturalidade nace ao abeiro dunha crise económica mundial. Nesta crise emerxente na que nos atopamos, hai sectores na nosa sociedade que seguen a ser os máis desfavorecidos, e nós temos a responsabilidade de defender e facer políticas para a eliminación da pobreza, a convivencia e a cooperación entre os pobos.
A sensibilización é un dos obxectivos deste encontro para que coñezamos de primeira man a situación dos refuxiados en Palestina e no Sáhara, na que analicemos a crise alimentaria no século XXI ou na que nos atopemos con distintas culturas que viven a diario no noso concello, e que lonxe de ser unha eiva, contríbuen á riqueza dun concello máis plural.
Fan falla moitas máns e non podemos esquencernos das persoas cooperantes en distintas ONGDs. Contaránnos a súa experiencia. Tentaremos darlle un pulo ao VOLUNTARIADO tan necesario.
Teremos tamén distintos stands con comercio xusto, obradoiros e actuacións, ás que vos invito a participar.
Seguramente non se poderá cambiar o mundo tanto como queríamos ao comprar cos ollos abertos, pero mantelos pechados significa asegurar que todo permanecerá igual. Do mesmo xeito que David Ramson, autor desta frase e de moitos estudos sobre comercio xusto, e usando as súas palabras, agardamos que este encontro sexa os OLLOS ABERTOS do noso benquerido concello.
Para máis información ver os arquivos que se achegan.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
image001.pdf | 337.33 KB | |
Tecendo alicerces exterior.pdf | 566.32 KB | |
Tecendo alicerces interior.pdf | 373.56 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER