O vindeiro sábado día 25 de outubro a partir das 18:00 horas terá lugar no espazo natural do Parque Recreativo da Torre de Celas o MAGOSTO MUNICIPAL que, dende máis de trece anos, organizan a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo xunta a Asociación Cultural "Peña O Cruceiro" de Celas.
Tradicionalmente máis dun milleiro de persoas de todo o entorno de Celas e outras parroquias de Culleredo xúntanse arredor da grande festa da castaña que preparadas de moitas formas, pero sempre dun xeito tradicional repártense de maneira gratuíta entre todos os asistentes, cocidas, asadas acompañadas por viño novo así como touciño asado na brasa para rematar cunha queimada celebrada por todos/as os asistentes. Todo isto de balde.
A festa estará amenizada pola actuación do "Grupo Instrumental de Maiores" do Concello de Culleredo, o grupo de gaiteiros da Asociación Cultural "Cata Almibre" e o grupo musical "Dúo Fantasía" Que poñerá o fin de festa cun animado baile.
Ver o arquivo que se achega
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
magosto.pdf | 161.29 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER