O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e o Comité Español da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados en Palestina (UNRWA), en colaboración coa Concellaría de Mocidad e voluntariado, Área de Cooperación do Concello de Culleredo (A Coruña), organizan a exposición fotográfica "A UNRWA e os Refuxiados de Palestina 1948-2008: 60 anos", que estará no Pazo Vila Melania (Avda. de Vilaboa, 42, 15670, Rutis Vilaboa, Culleredo) do venres 24 ao venres 31 de outubro de 2008, no marco do Encontro de Cooperación, Voluntariado e solidariedade.
A exposición consta de 40 fotografías con seis paneis informativos, que ilustra o labor da UNRWA e a situación dos refuxiados palestinos nos campamentos de Gaza, Cisxordania, Líbano, Siria e Xordania. Como material complementario, está a disposición do público o vídeo "Los Refugiados de Palestina y la UNRWA. 1948-2008: 60 años de historia"
O día venres 24 de outubro, ás 17:00 horas, ofrecerase unha charla sobre a situación dos refuxiados palestinos e o actual panorama político en Palestina, impartida por Roberto Mansilla Blanco, analista do IGADI.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER