Culleredo forma a “Mediadores en prevención do VIH/SIDA”

A Concellaría de Sanidade, que dirixe Carmen Varela Corbelle, dentro do seu Proxecto de prevención de enfermidades transmisibles, organiza un curso de formación de "Mediadores en prevención do VIH/Sida". O curso, cunha duración de 20 horas, desenvolverase no Edificio Social Electo Carballo de O Portádego os días 30 e 31 de outubro e 6 e 7 de novembro.

Esta actividade ten como finalidade a formación de veciños e veciñas de Culleredo e persoal técnico co obxectivo de dotalos dos coñecementos básicos que os habiliten para realizar posteriores accións, e ser axentes preventivos na loita contra o VIH/Sida. As actividades preventivas realizarase como práctica do curso naqueles espazos e lugares donde se concentran máis os grupos de risco, con especial atención ao colectivo de persoas inmigrantes que representan na actualidade o 30% das novas infeccións por VIH/Sida.

Esta acción é financiada pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, e nela colabora a Asociación de inmigrantes Mestura de Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina