O 14, 15 e 16 de Novembro do 2008 no Complexo deportivo Sofía Casanova en Vilaboa.Organizado pola Concellaría de Mocidade coa colaboración da Asociación Xuvenil Xiga de Culleredo, reunirá a uns cen mozos e mozas .
O custe da inscrición será de 20 euros por rigoroso orde inscrición que poderá facerse pola rede.
"CUlleREDo 2008" é un encontro informático dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, interesados no mundo das novas tecnoloxías. O obxectivo é darlle á mocidade a posibilidade de ter un punto de referencia sobre éstas , onde ademais poidan desenvolver e dar saída á súa creatividade en temas como programación, deseño gráfico ou multimedia.
Esta iniciativa parte da proposta feita por membros do consello sectorial de participación da xuventude de Culleredo e foi ratificada nunha sesión do mesmo.
Os xogos e concursos intercalaranse con outras actividades lúdicas e con relatorios relacionados coa informática , as novas tecnoloxías e cun especial espazo para o achegamento ao software libre , entre outras ofertas de lecer.
O custe da inscrición será de 20 euros por rigoroso orde inscrición que poderá facerse pola rede. Os participantes poderán pernoctar no local si así o desexan , ademais de recibir agasallos pola participación en concursos .Os menores de 18 precisarán da autorización dos pais para inscribirse pernoctando.
Dutra banda, instalarase un equipo de son e unha pantalla para informar en todo momento das actividades que se vaian realizando.
Proxectaranse vídeos con demos dos últimos avances tecnolóxicos e das últimas novidades en xogos de PC e videoconsola.
Haberá horas de apertura especial ao público en xeral nos que poderán acceder rapaces dende os 14 anos, disfrutar dos espazos habilitados para a ocasión.
Para máis información ver o arquivo que se achega.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
cartel definitivo culleREDo.pdf | 288.98 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER