Aulas Abertas de Benestar Social Charla para familias

A concellaría de Benestar Social inaugura o ciclo de charlas dirixido ás familias culleredense "Aprender para educar " que se organizan dende o Programa das Aulas Abertas xunto coa Asociación Sociopedagóxica Galega ASPG, na que se pretende entre outros obxectivos sociopedagóxicos, dinamizar e crear motores dunha renovación e dunha toma de conciencia a respecto do papel básico que a familia debe xogar na educación e na busca de comunicación entre os seus membros a fin de mellorar e previr situacións de risco na comunidade.

O programa "Aprender para educar" xa se leva desenvolvendo dende o ano 2001 en concellos como A Coruña, Lugo, Santiago, Carballo, Cambre, entre outros, sendo a primeira edición que se imparte en Culleredo o vindeiro 14 de novembro ás 19.45h no Pazo vila Melania, no que Cristina Lerma Rey, Mestra e Pedagoga, IES Macías Namorado (Padrón) falará de "Resolución de conflictos e intelixencia emocional"

Durante vindeiros meses completarase o programa con outras charlas nas que temas como "Educar na responsabilidade", "Facer lectores dende a casa" "A autoridade na familia" ou "Falar de sexualidade" contribuirán a mellorar o papel da familia e dos problemas sociais que poideran xurdir. Estas charlas están abertas a toda a poboación.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina