O Concello prevé realizar durante o primeiro trimestre do próximo ano a convocatoria para optar aos pisos de aluguer para xóvenes que constrúe en Cordeda
O alcalde visitou hoxe as obras que se desenvolven dentro dos prazos previstos
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, visitou esta mañá as obras de construción do edificio de vivendas de aluguer que se está a executar na avenida de Cordeda. Trátase de corenta e dous vivendas que executa a empresa Alquileres Campus Stellae SL tras ser o adxudicatario do concurso convocado polo Concello. O primeiro edil comprobou que os traballos se executan dentro dos prazos previstos polo que cara a finais do primeiro semestre do próximo ano, en principio, estará rematado o edificio.
Paralelamente ás obras elaboraranse as bases da convocatoria na que se recollerán os requisitos que deberán de cumprir as persoas interesadas nestes pisos. A idea do goberno local é que durante o primeiro trimestre do próximo ano se publique a convocatoria e se abra o prazo para a presentación de solicitudes.
Non obstante, recordou que entre os requisitos impostos dende o Concello se incluíu ter uns ingresos familiares inferiores a 5,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (os ingresos calcúlanse pola lexislación estatal e autonómica vixente); levar dous anos empadroados no municipio antes de comezar a promoción, e ter menos de 35 anos de idade.
O primeiro edil explicou que o obxectivo fundamental que persegue o goberno local é dar a oportunidade aos mozos do municipio de "emanciparse sen que para iso teñan que comprar un piso ao que, na maior parte dos casos, polo seu valor, non poden adquirir, e se ven obrigados a permanecer máis tempo na casa paterna ou materna o que desexarían".
O goberno local insistiu en que as vivendas están dirixidas a veciños do municipio que cumpran os requisitos mencionados anteriormente entre os que se atopa estar empadroado en Culleredo con dous anos de antelación ao comezo das obras, é dicir, dous anos antes do 31 de decembro de 2007.
Ver o arquivo que se achega.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
P1050429.pdf | 942.06 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER