Aulas Abertas de Benestar Social Charla para Familias: Aprender para Educar:
"O éxito escolar: de que factores depende?" Eduardo Fernández Abel. Psicopedagogo
Venres, 12 de decembro, no Pazo Vila Melania, de 19.45h a 21.00h
Servizo de atención infantil gratuíto no propio centro.
A concellaría de Benestar Social continúa co ciclo de charlas dirixido ás familias culleredense "Aprender para educar " que se organizan dende o Programa das Aulas Abertas xunto coa Asociación Sociopedagóxica Galega ASPG, na que se pretende entre outros obxectivos sociopedagóxicos, dinamizar e crear motores dunha renovación e dunha toma de conciencia a respecto do papel básico que a familia debe xogar na educación e na busca de comunicación entre os seus membros a fin de mellorar e previr situacións de risco na comunidade.
Durante vindeiros meses completarase o programa con outras charlas nas que temas como "Educar na responsabilidae", "Facer lectores dende a casa", "A autoridade na familia" ou "Falar de sexualidade" contribuirán a mellorar o papel da familia e dos problemas sociais que poideran xurdir. Estas charlas están abertas a toda a poboación.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER