A Concellaría de Benestar Social do concello de Culleredo a través de Agarte e en colaboración coa residencia xerontolóxica "Los Magnolios" pon en marcha a campaña solidaria "Ningún maior só en Nadal".
A iniciativa que impulsa a concellaría xunto con esta residencia do municipio culleredense, consiste en ofrecer prazas gratuítas os días 24,25, 31 de decembro e 1 de xaneiro de aloxamento e manutención a aquelas persoas maiores que vivan en situacións de soiade, para que a Noiteboa, Nadal, e Noitevella e Ano Novo sexan datas de celebración, agarimo e compaña para todos eles.
Unha iniciativa solidaria que xa en ocasións anteriores e noutras comunidades teñen contado cunha boa acollida, pois trátase de "compartir", un sentimento moi extendido en datas entrañables.
A campaña ofrece prazas con entrada o día 24 pola mañá e saída o 25 pola tarde para Noiteboa e entrada o día 31 pola mañá e saída o día 1 de tarde para os que quieiran celebrar a Noitevella.
Máis información nos Servizos sociais do Concello de Culleredo. Tel 981 65 45 70 ou
Agarte: (Asociación gallega de residencias de la tercera edad).981 138853.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER