A Concellaría de Promoción Económica do Concello de Culleredo ten este ano, principalmente, dúas novidades na iluminación de Nadal:
• A primeira é que iluminará as principais vías de comunicación con arcos de tipo led e fío luminoso, erradicando a utilización das lámpadas incandescentes.
• A segunda consiste na iluminación das estradas principais em todas as parroquias. Desta maneira, os arcos con iluminación led resaltarán as principais vías de comunicación do concello.
A iluminación estará en funcionamento do 15 de decembro de 2008 ao 6 de xaneiro de 2009, ambos os dous días incluídos, co obxecto dun maior control e aforro enerxético, e seguindo a recomendación do IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía).
Con todas as medidas adoptadas, o Concello de Culleredo vai ter un aforro enerxético do 90% con respecto ao uso das lámpadas incandescentes.
Esta iluminación está subvencionada pola Deputación da Coruña.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER