Culleredolandia de Nadal 2 - 3 - 4 de Xaneiro 2009

Nada menos que quince anos, a idade máxica da adolescencia, cumpre o Parque Infantil de Ocio "Culleredolandia de Nadal", que organiza de xeito ininterrumpido a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo.

Son quince anos de divertimento e ilusión, esperando conimpacencia polos nenos/as de Culleredo, que en número de dous mil nenas/os acuden a diario con esta cita coa diversión e o xogo. Como se pode imaxinar en quince anos, son moitas xeracións de cullerdenses as que xa teñan pasado por este Parque infantil, único nesta Comarca Coruñesa e decano dos que se celebran en Galicia. Moitos dos que agora acoden cos seus fillos, foron nenos usuarios do parque, así como moitos que acodían cos fillos, acoden agora cos netos.

Baixo a fórmula infalible e inalterable do xogo e o aprendizaxe, dos que os nenos de Culleredo teñen a sorte de ser especialistas, imos variando os ingredientes, variando as actividades e modernizando os xogos que se ofertan.

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo xa ten todo preparado para que o vindeiro venres día 2 de xaneiro se inaugure este Parque Infantil de Ocio "Culleredolandia de Nadal", que se desenvolverá os días 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 h., na Polideportiva Municipal de Vilaboa, no Colexio Sofía Casanova.

A celebración en fin de semana (venres 2, sábado 3 e domingo 4) presupón unha maior afluencia de público que nunca, se poderá disfrutar a cotío dunha programación mais completa e intensa, dirixida a menores de 12 anos.

Culleredolandia de Nadal é o grande regalo de reis do Concello de Culleredo para as nenas/os : un espacio de ilusión , de xogo, pero tamén un momento para "aprender xogando" nos moitos talleres que ano a ano aumentan en número. Este parque infantil permite aproveitar intensamente o ocio dos máis novos nestes días de vacacións previas á chegada dos Reis Magos que visitarán Culleredolandía o domingo día 4 de xaneiro ás 18:00 horas.

Obradoiros.-

"Culleredolandia de Nadal" ofrece obradoiros participativos de:, maquillaxe, cestería, xoguetes, globoflexia, vidro, abelorios, reciclaxe, maxia e malabares, nas que os nenos/as poderán elaborar os seus propios regalos de reis ao mesmo tempo que ocupan o seu tempo de lecer de maneira formativa e constructiva. Como novidade este ano haberá un apartado de xogos tradicionais (zancos, aros, peonzas, diábolos)

Inchables e atraccións.-
En canto ás atraccións instaladas no interior da Polideportiva os asistentes poderán disfrutar nos diferentes inchables adaptados a cada tramo de idade así teremos a Casa Caracol, coello, xiraloco, tobogán premier, safari park, tren infantil, cama elástica, karaoke, multiarcos, touro mecánico...

Para os máis pequenos.-
Os máis pequenos terán tamén un espacio axeitado para eles coa instalación dunha gardería na que poderán participar activamente neste Parque Infantil de "Culleredolandia de Nadal".

Xogos de Exterior.-
Como en edicións anteriores contaremos cunha grande carpa no exterior con máis inchables e actividades coas que divertirse como o futbolín humano, pista americana, rocódromo electrónico, attack, circuíto de quads; xira arte, un xogo de creación pictórica na que os nenos/as realizan debuxos abstractos de enorme colorido e que enmarcan in situ levándoos despois para as súas casas.

NOVIDADE.-
Como novidade este ano existirá unha carpa cun obradoiro multimedia con wii e o obradoiro de Xogos Tradicionais para os máis maiorcitos.

Culleredolandia Máxica.-
Como sempre "Culleredolandia" está moi vinculada á Maxia, moi necesaria nestas datas, ofrecendo actividades diarias distintas, tendo lugar os días 2 e 3 a instalación no exterior da GRAN CARPA MÁXICA DO MAGO "ANTONIO ROMARÍS" que acudirá:

• O venres 2 : " O MAGO ROMARÍS E AMIGOS", que virá nesta ocasión con moitas sorpresas, magos amigos, mesturando humor e maxia ao longo das catro sesións da tarde deste venres 2.

• O Sábado 3 en sesión de tarde O MAGO ANTONIO ROMARIS compartirá escenario,bo humor e maxia de cerca con outro gran coñecido dos nenos cullerdenses "O MAGO PABLO", a quen acompañan sempre as súas pombas.

Os Reis Magos en Culleredolandia.-

O domingo día 4 será o día máis agardado por todos os nenos e nenas coa chegada dos Reis Magos ao recinto ás 18:00 horas acompañados polos paxes reais e nunha caravana de vehículos antigos, nunha visita adiantada e especial na que recibiran as cartas e escoitaran os desexos de todos os nenos e nenas.

"Culleredolandia de Nadal" é unha das apostas anuais da Concellería de Cultura, sabedora das necesidades de esparcimento e ocio nestes días de vacacións onde o tempo meteorolóxico non acompaña e non permite disfrutar da rúa.

"Culleredolandia de Nadal" cumpre quince anos e dende a concellería de cultura gárdase que máis de tres mil nenos/as de Culleredo e da comarca asistan a diario, neste parque, decano dos Parques de Ocio de Nadal que se celebran en Galicia, e cunha formula propia de xogos e obradoiros.

O parque estará atendido por 40 monitores especializados e Protección Civil de Culleredo, que coidarán de que o parque transcorra con toda a alegría e seguridade que un evento destas características require, non podendo como é tradicional , que os pais accedan á pista, debendo permanecer nas gradas.

Culleredolandia é un parque de atraccións de acceso gratuíto para menores de 12 anos .
Ver máis no arquivo que se achega.

Vista previaAdxuntoTamaño
Culleredolandia - 29 decembro.pdf64.56 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina