Obradoiros para a Infancia:
"Sábados Miúdos" Para rapaces e rapazas de entre 8 e 11 anos
Aulas de Chefs . Bailes nosos e doutros países do mundo . Radio: "Voces miúdas"
Lugares: O Burgo (Casa Rosa), Celas (Centro Social) e Vilaboa (Centro Social)
Horario: Sábados pola tarde
Dende a Concellaría de Benestar Social, a fin de facer prevención, integración e dinamización social, especialmente na etapa de 8 a 11 anos así como cubrir carencias no relativo á actividade municipal ofertada á poboación infantil durante a fin de semana; esta concellaría presenta novamente un programa de actividades na que se segue contemplando á zona rural como un punto mais de desenvolvemento da actividade infantil do concello. Deste xeito, durante os sábados do primeiro trimestre do ano, levaranse a cabo unha serie de obradoiros para os nenos e nenas destas idades na zona do Burgo, de Vilaboa e de Celas de Peiro, nos centros sociais destas parroquias ou nos espazos exteriores, preto deles.
Asemade, incidir que estas actividades non se ofertan tan só dunha maneira lúdica senón que todas elas están programadas con obxectivos socioeducativos necesarios na sociedade que nos atopamos e concretamente no noso concello.
Os obradoiros que se desenvolverán nestes puntos son :
- Aulas de chefs: cociña do mundo
- Xogo de bailes nosos e doutros países
- Voces Miúdas: programa de radio
Contacta connosco:
Área de Benestar Social. Centro Municipal de Servizos Sociais: Costa da Lonxa, 7 O BURGO Teléfono 981 654 570 . infancia@culleredo.org
Tamén na Casa Rosa, de 17.00h a 21.00h, Tel 981 665 335
Prezo das actividades:
rapaces empadroad@s: 5 € non empaddroad@s. 15 € exursións: 10€ (td@s)
Ver máis nos arquivos que se achegan.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
CULLEREDO NOVIEMBRE INT .pdf | 536.56 KB | |
CULLEREDO NOVIEMBRE PORT2 .pdf | 125.27 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER