Culleredo abre o prazo de matrícula para inscribirse nas actividades do Programa Ponte a punto: programa de apertura de centros escolares públicos en horario non lectivo. En concreto, o alumnado de 5º e 6º de primaria, así como o de 1º e 2º de secundaria, poderán inscribirse en dúas actividades denominadas "RefórzaT", consistente no apoio á aprendizaxe de hábitos de estudo, e "ConciénciaT", actividade para potenciar o ensino das ciencias e as matemáticas cunha metodoloxía divertida.
As actividades desenvolveranse nos centros educativos: Isaac Díaz Pardo, Sofía Casanova, Ría do Burgo, Tarrío e Eduardo Branco Amor, aínda que o programa vai dirixido a todo o alumnado empadronado en Culleredo. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o día 25 de febreiro e esta se formalizará no departamento municipal de educación situado no Conservatorio profesional de música.
Con esta nova iniciativa, financiada en parte pola Consellería de Educación, o Concello e a concellaría que dirixe Carmen Varela, pretende:
1. Apoiar ás familias no labor de conciliación da vida familiar e laboral, alargando os tempos de apertura dos centros escolares.
2. Fomentar o éxito escolar mellorando o rendemento do alumnado de Culleredo.
Os grupos e horarios das actividades son os seguintes:
OFERTA DE OBRADOIROS EN EDUCACIÓN PRIMARIA (5º e 6º):
CENTROS |
OBRADOIROS |
DÍAS |
HORARIOS |
Nº DE PRAZAS |
CEIP Isaac Díaz Pardo |
RefórzaT |
Luns e mércores |
16:00-18:00 |
15 |
ConCiénciaT |
1º e 3º venres de mes |
15 |
||
CEIP Sofía Casanova |
RefórzaT |
Luns e mércores |
16:00-18:00 |
15 |
ConCiénciaT |
1º e 3º venres de mes |
15 |
||
CEIP Ría do Burgo |
RefórzaT |
Martes e xoves |
16:00-18:00 |
15 |
ConCiénciaT |
2º e 4º venres de mes |
15 |
||
CEIP Tarrío |
RefórzaT |
Martes e xoves |
16:35-18:35 |
15 |
ConCiénciaT |
2º e 4º venres de mes |
15 |
OFERTA DE OBRADOIROS EN EDUCACIÓN SECUNDARIA (1º e 2º):
CENTROS |
OBRADOIROS |
GRUPOS |
DÍAS |
HORARIOS |
Nº DE PRAZAS |
IES EDUARDO BLANCO AMOR |
RefórzaT |
Grupo 1- 1ºESO |
Martes e xoves |
16:00-18:00 |
15 |
Grupo 2- 1ºESO |
Mércores e venres |
16:00-18:00 |
15 |
||
Grupo 3- 1ºESO |
Martes e xoves |
16:00-18:00 |
15 |
||
Grupo 4- 2ºESO |
Mércores e venres |
16:00-18:00 |
15 |
||
Grupo 5- 2ºESO |
Martes e xoves |
18:00-20:00 |
15 |
||
Grupo 6- 2ºESO |
Mércores e venres |
18:00-20:00 |
15 |
||
IES EDUARDO BLANCO AMOR |
ConCiénciaT |
Grupo 1- 1ºESO |
1º e 2º sábado de mes |
11:00-13:00 |
15 |
Grupo 2- 1ºESO |
2º e 4º sábado de mes |
15 |
|||
Grupo 1- 2ºESO |
1º e 2º sábado de mes |
15 |
|||
Grupo 2- 2ºESO |
2º e 4º sábado de mes |
15 |
Para más información ver os arquivos que se achegan.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
Díptico Ponte a Punto Exterior.pdf | 829.66 KB | |
Díptico Ponte a Punto Interior.pdf | 811.52 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER