Imaxinería

As imaxes de Sueiro pertencen na súa maioría ao século XIX e XX, son esculturas realizadas nun estilo ecléctico, propio do período de entre séculos. Algunhas destas imaxes son: Virxe das Neves, S. Estevo, S. Roque, S. Antonio, ...

A única escultura anterior a esa época é o Anxo Custodio, obra datada no século XVII. Aparece representado como espírito protector infantil, tendendo o seu brazo sobre o ombreiro dun neno. É unha imaxe curiosa, pois aínda que os anxos son representados frecuentemente, fano como figuras accesorias e en poucas ocasións de modo individual. A talla mostra un anxo humanizado e corpulento, con grandes ás, aínda que a imaxe foi mutilada perdendo unha delas.

Aínda que os cruceiros da comarca son polo xeral pobres en decoración figurativa, limitándose a unha cruz espida sobre unha columna prismática, este de Orro posúe a representación de Cristo crucificado nunha cara e a Virxe na que mira ao templo. Segundo reza unha inscrición no propio cruceiro, foi realizado en 1750, dato que serve de referencia para a datación doutros cruceiros similares da zona.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina