Con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller Traballadora", o departamento de igualdade do Concello de Culleredo desenvolverá un conxunto de actividades conmemorativas que invitan a "dial8gar", tal e como mostra o slogan da campaña deste ano. Trátase de sensibilizar e transmitir a necesidade e beneficios que conleva a consecución dunha verdadeira igualdade entre mulleres e homes.
A campaña contempla as seguintes actividades:
1. Tertulia Radiofónica: "Avanzamos en Igualdade?".
Lugar: Radio Culleredo Hora: 11:00 H. Día: 12 de marzo.
Participantes:
• Carmen Varela Corbelle, concelleira de Igualdade do Concello de Culleredo.
• Un representante da Asociación de Homes Galegos pola Igualdade.
• Unha representante por cada Asociación de Mulleres de Culleredo.
• Fátima Uzal Trigo, Psicóloga do CIM de Culleredo.
2. XIV Cea homenaxe ás mulleres traballadoras de Culleredo.
Data: Venres 13 de marzo ás 21:30 H.
Lugar: Sporting Clube Casino de Culleredo.
Actuacións: Dúo Musical Alameda.
Colaboran: Asociación de Mulleres Alancada.
Asociación de Mulleres Rosalía de Castro.
Asociación de Mulleres A Xeca.
Asociación Mestura.
Asociación Criando.
3. Curso Formativo: "Xénero, saúde e sexualidade".
Data: 30 e 31 de marzo. Lugar: Pazo de Villamelania.
Horario: 18:00 a 19:30 H.
Duración: 3 H.
Destinatarias: Mulleres de Culleredo.
Docentes: Fundación Mujeres.
4. Obra de Teatro: "Eu de maior quero ser..."
Destinatarios/as: Alumnos/as de 6º de educación primaria e 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Data: Ao longo dos meses de marzo e abril.
Lugar: Conservatorio Profesional de Música de Culleredo.
Hora: Horario Escolar. Ficha Técnica: Compañía Caramuxo.
5. I Premio "Culleredo por máis igualdade".
Publicitarase unha convocatoria dirixida ás empresas nas que se premiará a aquelas que presenten políticas exemplarizantes en materia de igualdade e conciliación da vida persoal, laboral e familiar.
6. Obradoiros: "Correspondemos na casa".
Lugar: Colexios públicos e concertado do Concello de Culleredo.
Destinatarios: Alumnos/as de 5º e 6º de Primaria.
Horario: Horario escolar.
Ver máis no arquivo que se achega.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
DIPTICO CAMPAÑA.pdf | 471.89 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER