O vindeiro domingo 8 de marzo de 11.00 a 13.30 h. terá lugar no Xardín Botánico "Ría do Burgo" a primeira das sesións do "OBRADOIRO DE COIDADOS PARA BONSAI" que organizan a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo e a Asociación Cultural Bonsai Coruña, que ten a súa sede precisamente no Xardín Botánico; a segunda sesión será o domingo 22 de marzo.
Poderán asistir vinte persoas por ode de solicitude que desexen iniciarse no coñecemento práctico do mundo do Bonsai (coidados básicos, trasplantes, rego, variedades, etc.)
A Concellería de Cultura e Bonsai Coruña levan catro anos organizando estes curso básicos de achegamento ó mundo do bonsai, así como varias actividades expositivas e divulgativas en Culleredo, onde teñen moi boa aceptación pola poboación.
Para inscribirse no curso, que ten carácter gratuíto, poden facelo no Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo - Tlfno. 981 665 597, por fax no nº 981 661 748 ou por correo eléctrónico no e-mail: cultura@culleredo.org.
Para máis información ver o arquivo que se achega.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
Curso Bonsai.pdf | 33.81 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER