Continúan as actividades lúdicas durante este mes de marzo do Programa Ecociencia-Cullerxogo, que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo dentro da Programación das Escolas Culturais Municipais, e que se celebran os sábados pola mañá na Aula da Natureza do Xardín botánico "Ría do Burgo" dirixidas a nenas/os de 7 a 12 anos. Os cursos celébranse de 11 a 13.30 horas da mañá dos sábados.
Teñen como obxectivo ademais de dinamizar as mañás dos sábados dar a coñecer o medio ambiente, potenciando valores éticos que favorezan as condicións de vida e concienciar aos nenos sobre o seu entorno global así como dar a coñecer outras actividades de ocio e destreza en actividades estacionais tales como Samaín, Entroido, Nadal, etc.
Distintas temáticas co fío condutor do xogo, nuns obradoiros que priman os aspectos lúdicos e empíricos que fomentan o traballo individual e colectivo, favorecendo a autoestima e a capacidade creativa: cociña, pintura, técnicas teatrais, música. Hábitos de saúde e hixiene, animación á lectura, xogos creativos e cooperativos, interculturaridade, manualidades, obradoiros de días sinalados, construción de xoguetes, coñecemento de insectos, do Xardín Botánico, a Ría, as plantas, a auga, o reciclaxe, etc. Son algunhas das actividades que realizan as nenas e nenos de Culleredo en 31 sesións de outubro a maio.
O Programa para este vindeiro mes de marzo é o seguinte:
Sábado 7 - Deseño de camisetas.
Sábado 14 - Viaxe Interplanetario.
Sábado 21 - O xogo da compra responsable. A pirámide dos alimentos I.
- O xogo da compra responsable. A pirámide dos alimentos II.
Sábado 28 - O noso amigo ó sol.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER