Culleredo celebra o Día mundial da árbore con plantacións por parte dos seus escolares

O vindeiro día 18 de marzo, a Concellaría de Educación de Culleredo, organiza as actividades conmemorativas do Día Mundial da Árbore: 21 de marzo. Ao coincidir cun día festivo adiántase a data para que poidan participar 70 nenos e nenas dos colexios de educación infantil, e 1200 alumnos e alumnas dos outros ciclos de ensinanza.

A actividade ten por obxeto sensibilizar ao alumnado sobre a importancia das árbores, os beneficios que nos producen e a necesidade de respectalas e coidalas como parte do medio ambiente.

O programa de actividades é o seguinte:

ACTIVIDADE 1: no Xardín Botánico "Juan Lembeye "
No recinto exterior do Xardín Botánico de Acea de Ama, farase unha plantación na que participan as escolas de educación infantil do CRA de Culleredo: Ledoño, Vinseira Pequena, O Curro, Sésamo e a Choeira. A actividade realizarase en horario de 10:00 a 12:00 h e consistirá na:

-Recepción dos nenos/as.
- Presentación da actividade.
- Representación dun conto dramatizado e de contido medio ambiental
- Traslado dos nenos/as ao lugar onde se vai a realizar a plantación.
- Tempo para a merendiña
- Despedida e volta para o centro escolar as 12:00 h

Na actividade colaborarán as concellarías de:

- Concellería de Medio Ambiente, Servicios e Obras.
- Concellería de, Cultura, Deporte e Participación Cidadá.
- Concellería de Economía, Facenda, Réxime Interior e Seguridade

ACTIVIDADE 2: Plantación DE ÁRBORES nos colexios
Nos Centros escolares de Culleredo, farase unha plantación de árbores e repartiranse macetas con sementes nas aulas de Educación infantil e do Primeiro Ciclo de Primaria.
Na actividade colaborarán:
- Servizo de Montes da Consellería de Medio Ambiente,
- Concellería de Medio Ambiente, Servicios e Obras.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina