Adicada a alumnos e alumnas de 5º de primaria e coa intención de que coñezan a problemática existente arredor deste ben tan preciado que é a auga, a Concellaría de Educación do Concello de Culleredo, utilizando unha metodoloxía lúdica organizan un conxunto de actividades con motivo do Día Mundial da Auga. O programa é o seguinte.
Data de celebración: día 23 de Marzo de 9:00 a 14:00h.
Lugar: Aula da Natureza Juan Lembeye.
Participan os colexios de: CEIP Tarrío, CEIP Ría do Burgo, CPR A Ponte Pasaxe, CEIP Isaac Días Pardo e CEIP Sofía Casanova, cun total de 173 escolares.
Actividades:
Trátase dunha exposición de distintos talleres para que os participantes poidan experimentar coas propiedades da auga.
Cada un destes talleres terá un espazo propio con ilustracións e textos explicativos, que cada monitor percorrerá co seu grupo.
Talleres específicos:
Talleres de Tensión superficial, As capas máxicas, A turbina de auga, a construcción dun pluviómetro, Auga flotante, Choiva artificial e como comen as baleas.
Contamos ca colaboración da:
Concellaría de, Cultura, Deporte e Participación Cidadá.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER