O vindeiro 31 de marzo, no Salón de Actos do IES Cruceiro Baleares, representarase unha obra de teatro vinculada á temática medioambiental. A Compañía BABALUVA fará unha adaptación inspirada no conto de Alberto Varela Ferreiro titulado: ¡LUME¡, conto editado por Edicións Xerais coa colaboración da Concellaría de Educación.
A obra vai destinada á poboación de educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria dos centros escolares seguintes: CRA de Culleredo, CEIP Tarrío, CEIP Sofía Casanova, CEIP Isaac Díaz Pardo, CEIP Ría do Burgo e CPR A Ponte Pasaxe. En total visualizarán a obra 1.200 escolares en tres turnos de 400 rapaces cada un deles.
Ver o arquivo que se achega.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
LUME.pdf | 773.1 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER