Programa de turismo social 2009

A Secretaría xeral de Benestar oferta máis de 3.200 prazas de turismo termal e de intercambio para maiores
A Secretaría Xeral de Benestar pon en marcha o programa de Turismo Social 2009, cunha oferta que este ano chega ás 3.274 prazas. Esta iniciativa de ocio para os maiores céntrase nas modalidades de turismo termal e no turismo de intercambio.

Turismo Termal

Este ano, poténciase a modalidade de turismo termal, na que se ofertan dúas opcións: unha primeira de todo incluído, para a que se habilitan 2.139 prazas, que comprende os tratamentos termais, transporte, aloxamento, manutención e animación sociocultural; e unha segunda modalidade, con outras 1.015 prazas, que contempla só os tratamentos termais, sendo o desprazamento e o aloxamento por conta do beneficiario.

O programa amplía ata 15 o número de establecementos termais incluídos na oferta, coa incorporación dos de Acuña, Illa da Toxa, Mondariz e Outariz. Así, por provincias, figuran o balneario Baños Vellos de Carballo, na Coruña; Río Pambre (Palas de Rei) e Termas Romanas, en Lugo; Baños de Molgas, Laias (Cenlle), Lobios, Gran Balneario e Caldas de Partovia (O Carballiño) e Termas de Outariz, en Ourense; e Balneario de Acuña (Caldas de Reis), Balneario da Toxa (O Grove), Baños de Brea (Vila de Cruces), Caldelas de Tui (Tui), Cuntis e Balneario de Mondariz, en Pontevedra.

O custo destes programas termais para os beneficiarios oscilan entre os 270 € e os 355 €, segundo destino, para a opción "todo incluído", con estancias de 11 días; e entre os 97€ e os 222€, por dez días, para a opción de "só tratamento termal".

Ademais, da totalidade de prazas para a opción "todo incluído" resérvanse 32 prazas gratuítas para persoas que acrediten dispoñer de escasos recursos económicos, e outras 64 prazas para matrimonios que cumpriron as súas vodas de ouro no ano en curso, nas que os beneficiarios gozan de importantes descontos.

Turismo de Intercambio

O Programa de Turismo Social mantén tamén a súa modalidade de Turismo de Intercambio, con 120 prazas "todo incluído" na Colonia de Feiras de Joao Paulo II, en Esposende (Portugal). Os prezos por persoa son de 190 euros.

MAIS INFORMACIÓN NA CASA ROSA DO BURGO TEL 981 665 335

Ler máis nos arquivos que se achegan.

Vista previaAdxuntoTamaño
Distribucion_das_prazas TURISMO SOCIAL.pdf38.73 KB
Solicitude_e_informes TURISMO SOCIAL.pdf283.71 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina