Culleredo traballa a seguridade viaria a través do teatro

O venres día 17 de abril, de 11:00 a 12:00 horas no conservatorio de música de Culleredo na rúa Andrés Pan Vieiro 30, Acea da Ma., o alumnado de 3º de ESO do IES Blanco Amor e o do CPR Rías Altas, participará como espectador da obra de teatro: "Pasoulle a Marcos" que representará a Compañía de teatro e danza " El ruiseñor" de Culleredo.

Esta obra de teatro, ideada e creada por membros da policía local de Culleredo e estreada no pasado curso neste concello, tenta acadar a concienciación dos rapaces e rapazas destes cursos sobre o perigo que supón o manter conductas inapropiadas e irresponsables nas rúas, ben como conductores/as, ou ben como acompañantes.

O éxito acadado na edición do pasado curso, e os obxectivos que desde o Departamento de educación se traballan cos centros escolares dentro do proxecto de promoción de hábitos saudables, leva a insistir nestes tipos de actuacións con respecto á seguridade viaria.

Os 168 participantes acudirán acompañados polo seu profesorado.

Participan como actores membros da Policía local de Culleredo, da Policía local da Coruña, Cruz Vermella, un bombeiro, un médico, e Marcos López, vítima real dun accidente de tráfico.

 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina